Facebook Twitter Instagram

Abertas as pre-inscripcións para a tempada 25-26

Puenteceso S.D. abre as preinscricións para a tempada 25-26

Estimadas familias, xogadores e afeccionados:

Xa estamos a preparar con ilusión a nova tempada, e por iso abrimos as preinscricións para a 2025-2026! Se queres formar parte dunha gran familia onde a formación e a educación deportiva son a nosa prioridade, esta é a túa oportunidade.

As categorías dispoñibles son as seguintes:

  • Prebenxamíns (2018-2019)
  • Benxamíns (2016-2017)
  • Alevíns (2014-2015)
  • Infantís (2012-2013)
  • Cadetes (2010-2011)
  • Xuvenís (2007-2008-2009)

📝 Se tedes máis dun fillo ou filla que vaia participar, é importante facer unha preinscrición individual para cada un deles.

Unha vez teñamos todas as preinscricións e revisemos a información, antes do comezo da tempada enviarémosvos outro formulario para completar os datos e realizar o pago.

No noso club, non só ensinamos fútbol, senón que tamén fomentamos valores como o respecto, o traballo en equipo e a superación persoal. Cada adestramento é unha oportunidade para medrar tanto no deporte como na vida, e queremos que ti formes parte desta experiencia.

Anímate e preinscríbete! Queremos que todo o mundo teña a oportunidade de descubrir a paixón polo fútbol e desenvolver as súas habilidades nun ambiente saudable e enriquecedor.

Podes realizar a preinscrición a través do noso sitio web:
👉 https://puentecesosd.com/preinscripcion-25-26

Moitas grazas por seguir confiando en nós un ano máis.
Non perdas a oportunidade de vivir unha tempada inesquecible con Puenteceso S.D. Agardámoste cos brazos abertos!

Vémonos no campo,
O equipo do Puenteceso S.D.