Facebook Twitter Instagram

Historia

FUNDACIÓN: 28 Decembro de 1963

CAMPOS: Do Fraile, Municipal, O Pinguel (actual)

CATEGORÍAS na actualidade: dende Prebenxamíns ata Sénior Feminino e Masculino

SOCIOS na actualidade: 350-400

OS INICIOS (PREVIO Á TEMPADA 63-64)

Xogábase nas parroquias (Tella, brantuas, couto), íase andando (4-5km), algún en bicicleta (o fillo do médico, veterinarios, maestros, etc). Arrancábase 1hora antes e acudían xogar os grupos de amigos.

Co paso do tempo, empezouse a ir en taxis pero claro, sólo podían ir 3-4 xogadores en cada taxi, polo que facían falta moitos taxis ou moitos viaxes. Ata que en Ponteceso, apareciu un taxista que tiña unha furgoneta con 8 prazas. Un
día, foise xogar a Camelle (Camariñas) e foron 16 xogadores nesa furgoneta, e as carreteras daquela época…. Levaban as botas nos sacos das patatas, non existían as espinilleras, había moitos golpes. Botas case non había, solo as
tiñas os «privilexiados», o resto con zapatillas ou “como lle cadrara”. A esas botas poñiaselle unha punteira de ferro para que aguantaran máis. Si levabas un golpe, había que arreglarse como se puidera para poder xogar o fin
de semana seguinte.

Unha vez se federou o equipo, a propia federación eliminou o da punteira de ferro pola peligrosidade que tiña, o cal provocou cambios nos golpeos dos xogadores xa que non era tan eficaz pegarlle de «punteira». O balón, en dias de chuvia,
era súper pesado e causaba moita dor cando se golpeaba de cabeza.

As instalacións non existían como as entendemos hoxe, pero sí que había moita xente vendo os partidos. As porterías non tiñan redes, o que ocasionaba discusións por si entrara o balón ou no. Nalgunhas aldeas, os postes estaban feitos
con paus de eucaliptos.

Don Jesús Gómez López era comercial (o “Corte Inglés” da época en Ponteceso), apodado “quilómetro” pola súa estatura, foi o que tivo a iniciativa por facer o equipo federado, xa que coñecía que había equipos federados na zona
de Carballo.

Os primeiros equipos da liga da costa foron 8: Cee, Baio, Fisterra, Laxe, Poniente (carballo), Puenteceso, Porteño e San Isidro de Quintáns (Muxía). Este último equipo entrou porque a maioría dos xogadores eran de Quintáns (unha parroquia
do concello de Muxía) e por eso non se chamaba ao equipo Muxía (como na actualidade).

CREACIÓN DA LIGA DA COSTA (TEMPADA 63-64)

XOGADORES: Esteban, Richard, Pardo, Pedro, Trillo, Cancela, Pelé, Eladio, Casal, Antón, Muíño, Tino, Ramos, Jorge, Álvaro, Muñiz, Garrincha, Lema, Raño, Carlos, Milucho, Álvarez, Chencho, José Luis, Picota, Añón.

ADESTRADOR: Ángel Mato

PRESIDENTE: Jesús Gómez López (quilómetro)

MASAXISTA/AUXILIAR: Félix Doldán

ANÉCDOTAS

  • Tempada 70-71, final da Copa da Costa co Carnota, 1-0 ida e na volta 1-1. Ganou o Carnota con moita polémica porque o gol deles era en fora
    de xogo e anulou gol legal a favor do Ponteceso, unha mala arbitraxe que desencadeou nunha tangana final. Houbo unha anécdota dese día, xa que unha afeccionada de Ponteceso subiu ao palco de entrega de trofeos e enfadada pola actuación dos árbitros, colleu a copa e dixo: “a copa nin pa vos nin pa nos”, arrancoulle as asas a copa e deixouna alí.
  • Un afeccionado que acostumaba ser moi nervioso durante os partidos, nun encontro da Copa da Costa do ano 70-71, atopábase na barandilla
    e tiña como costume, durante o transcurso dos partidos, moverse dun lado a outra da grada dando patadas ao aire simulando as accións que ían sucedendo no partido (como o Cholo Simeone na actualidade, para que nos entendamos). E nun partido, había uns Guardia Civiles cos tricornios na grada e, este afeccionado, seguindo co seu ritual, doulle a un tricornio unha patada sen querer, o tricornio volou e doulle na cabeza ao linier, caendo este ao chan. O arbitro acudiu e preguntoulle que pasara e o linier díxolle que lle tiraran unha pedra desde a grada e o arbitro dixolle: “pero como iba ser unha pedra, si está o tricornio aí na barandilla!
  • Existía un masaxista que se chamaba Félix que foi o utillero do clube durante moitos anos. Unha tempada estaba como adestrador un señor
    chamado Trabadela e ,nun partido co Fisterra no Campo do Fraile (que estaba rodeado por monte e leiras de millo naquela época), só había dous balóns para xogar. O Puenteceso estaba ganando 1-0 e Félix dixolle a Trabadela: “todos atrás a defender” e dixolle Trabadela: “cando vaia un balón fora, tarda un anaco en encontralo e dille aos xogadores que tiren o balóns fora”. O Fisterra dominaba e os balóns que había estaban na leira de millo e Félix facía que non os encontraba para que se acabara o partido. «Balóns as leiras, que estamos ganado», frase mítica de Trabadela.
  • Xogando en Silleda, o defensa pontecesán Juan Castiñeiras sufriu unha entrada e lesionouse de tibia e peroné. O delegado ese dia era Barrie,
    que traballaba nunha panadería e tiña que empezar á 1:30 da mañá e estaba ás 2:30 da mañá aínda en Santiago no hospital. O autobús estaba en Ponteceso e Barrie chamou ao seu xefe dicíndolle que se encontraba cun xogador no hospital, que non ía chegar a hora de sempre. O seu xefe contestoulle: “ti chega ben aquí como si é mañá pola mañá. Resulta que o xogador estaba na mili e tiña que entrar as 8 da mañá ali e Barrie fíxolle a chamada ao cuartel e contestoulle un oficial de guardia. Explicoulle o motivo polo que se retrasara e a contestación foi: “este señor es militar y tiene que estar aquí sea como sea a las 8”. E Barrie dixo: “me parece que va a ser imposible, que esta anestesiado, le paso con el jefe de traumatologia”. Finalmente, este conseguiu convencer ao oficial. Barrie volveu en taxi desde Santiago e tivo que costealo do seu bolsillo.
  • Destacar que, durante moitos anos, ao non ter o Corme equipo federado, había xogadores moi bos de Corme xogando no Puenteceso: Chencho
    e Ferro, que eran cuñados; Álvarez, municipal, que aportaron moito aos planteles do Puenteceso SD.

OUTROS PRESIDENTES

·        Tucho

·        Toñito pazos

·        Julio de Aluminios

·        Chicho (irmán de David Pola)

·        Valiña

HISTORIAL / TITULOS do SÉNIOR MASCULINO

·        Ligas de 3ª rexional (1): 04-05

·        Liga da Costa / 2ª rexional (5): 67-68, 69-70, 97-98, 08-09, 10-11

·        Copas da Costa (4): 71-72, 81-82, 99-00, 07-08

·        Finalista da Copa da Costa (6): 68-69, 70-71, 89-90, 96-97, 98-99, 08-09

Historial en 58 anos (dende a tempada 63-64 ata 21-22):

·   1787 partidos

·   51 edicións da Copa da Costa, o que máis xogou da competición.

·   15 tempadas en 1ª Rexional

·   36 tempadas na Liga da Costa / 2ª rexional

·   4 tempadas en 3ª rexional

          ·   Nas tempadas 72-73 e 73-74 disputan a Liga de Arteixo.

          ·   00-01 e 01-02 non hai equipo.