Puenteceso S.D. · 1963

Próximamente

Estamos preparando a nova web do club

Acceder →
Nova

Asemblea Ordinaria

10 de agosto de 2026 Destacado

Volver

Convocatoria da asemblea ordinaria previa á tempada 26/27

Asemblea Ordinaria
Como cada ano, convocamos aos/ás socios/as do club á Asemblea Ordinaria, un espazo para compartir o balance da tempada que remata, informar sobre a situación da entidade e presentar a planificación da campaña 2026/27. Este ano, ademais, queremos mirar un pouco máis alá. A vindeira tempada cumpriranse catro anos desde que a actual directiva asumiu a responsabilidade de poñerse á fronte do club. Foron anos de traballo nos que o principal obxectivo foi dar estabilidade á entidade, consolidar os equipos sénior, continuar impulsando o fútbol base e manter un club aberto e próximo á nosa xente. Como todo proxecto, esta etapa tamén ten un final. Por iso, ao remate da tempada 2026/27 abrirase o proceso para a presentación de candidaturas á nova directiva. Ata ese momento, queremos tender a man a todas aquelas persoas que sintan interese por coñecer o funcionamento do club. Durante esta tempada estaremos encantados de compartir a nosa experiencia, explicar o traballo que se realiza no día a día e facilitar unha transición organizada e responsable. Seguiremos traballando con toda a ilusión durante esta última tempada, coa confianza de que haberá quen recolla a testemuña para continuar facendo medrar este proxecto. Agardámosvos na asemblea.